{"id":476,"date":"2026-02-09T17:13:38","date_gmt":"2026-02-09T17:13:38","guid":{"rendered":"https:\/\/bibibloomsfree.com\/?p=476"},"modified":"2026-02-09T17:13:38","modified_gmt":"2026-02-09T17:13:38","slug":"o-pais-invisible","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/bibibloomsfree.com\/index.php\/2026\/02\/09\/o-pais-invisible\/","title":{"rendered":"O Pa\u00eds Invisible"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/bibibloomsfree.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG_2867.heic\" alt=\"\" class=\"wp-image-478\"\/><\/figure>\n\n\n\n<p>Hai libros que se len, e hai libros que acompa\u00f1an. Este foi compa\u00f1\u00eda antes mesmo de existir como obxecto, e durante os \u00faltimos catro meses converteuse nunha presenza constante, silenciosa e necesaria. Publicado por <strong>Libros del K.O.<\/strong>, unha editorial madrile\u00f1a que asumiu o risco, e a responsabilidade, de publicalo na nosa lingua. Este libro \u00e9 moito m\u00e1is ca unha colecci\u00f3n de historias; \u00e9 un arquivo do pobo galego, dese pobo tantas veces invisible.<\/p>\n\n\n\n<p>Lin o libro de principio a fin, respectando a orde coa que foi concibido, unha viaxe a trav\u00e9s de pa\u00edses e cidades marcadas pola emigraci\u00f3n galega. Cada secci\u00f3n constr\u00faese a partir de historias diferentes, de persoas reais \u00e1s que o autor entrevistou, co\u00f1eceu ou investigou con rigor xornal\u00edstico. Hai m\u00e9todo, hai estrutura, hai contexto. Cada relato pode lerse tam\u00e9n de xeito aut\u00f3nomo, collido como quen escolle unha voz concreta entre moitas. Iso conv\u00e9rteo nun libro profundamente vers\u00e1til: pode empregarse como punto de partida nunha aula, como fonte hist\u00f3rica, como material para traballar a lingua, como exercicio de escrita ou como espello no que reco\u00f1ecerse. A ollada xornal\u00edstica sost\u00e9n o texto, pero est\u00e1 atravesada por algo m\u00e1is: por fendas de emoci\u00f3n, por apuntes do que o autor sente e pensa, que fan que os feitos non sexan s\u00f3 datos, sen\u00f3n experiencia compartida.<\/p>\n\n\n\n<p>Lino, tam\u00e9n, dende moitos \u00e1ngulos. Dende o emocional, inevitablemente, revivindo vivencias propias e espertando lembranzas fondas dos meus av\u00f3s. Dende a mirada dunha docente, vendo nel un recurso valios\u00edsimo para traballar a lingua galega, a historia (tam\u00e9n a m\u00e1is recente), sociolox\u00eda ou \u00e9tica. E tam\u00e9n dende a ollada dunha tradutora: algu\u00e9n que interpretou para a s\u00faa avoa dende nena e que agora, xa adulta, entende a traduci\u00f3n como unha ponte entre dous mundos distintos pero cheos de matices com\u00fans.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O Pa\u00eds Invisible<\/strong> \u00e9, dalg\u00fan xeito, un manual antropol\u00f3xico vivo do pobo galego. Un mapa que non delimita fronteiras, sen\u00f3n traxectorias humanas. E o m\u00e1is fermoso \u00e9 que non se esgota coa \u00faltima p\u00e1xina: segue ofrecendo capas, lecturas posibles, conversas pendentes. Empurra a facer m\u00e1is, a pensar m\u00e1is lonxe. Mesmo a so\u00f1ar proxectos necesarios, como un Museo da Migraci\u00f3n Galega na Coru\u00f1a: \u201c<em>O Esquecemento<\/em>, palabra tan nosa, presente mesmo no himno galego\u201d. Porque, como lembra o autor, \u201ca memoria, en troques, se vence o esquecemento, \u00e9 eterna\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Agora quedoume un baleiro: o de saber que xa non vou volver a lelo por primeira vez, e a sensaci\u00f3n de despedirme dun libro que foi compa\u00f1\u00eda durante meses. Hai a\u00ed unha morri\u00f1a inevitable, que non debe confundirse coa romantizaci\u00f3n do pasado, pero tam\u00e9n quedan ganas de seguir escoitando, de continuar a conversa. Porque, a\u00ednda que fala do que foi, este libro ax\u00fadanos a entender mellor o que segue acontecendo hoxe e a mirar con m\u00e1is empat\u00eda as historias que se est\u00e1n a escribir agora.<\/p>\n\n\n\n<p>A\u00ednda non existe versi\u00f3n en audiolibro, e con todo non sent\u00edn a s\u00faa ausencia. Mentres l\u00eda, o texto encheuse de voces. Voces m\u00faltiples, pr\u00f3ximas, reco\u00f1ecibles, coma se cada historia reclamase ser escoitada m\u00e1is ca lida. Entre elas estaba tam\u00e9n a t\u00faa, Arturo, non como unha presenza distante, sen\u00f3n como quen se senta ao teu car\u00f3n e conta o que viviu, o que viu, o que lle confiaron, o que lle deixou marca. Era coma volver aos contos contados na lareira, cando a palabra creaba comunidade e a memoria se transmit\u00eda de xeraci\u00f3n en xeraci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Grazas pola compa\u00f1\u00eda, Arturo. <\/p>\n\n\n\n<p>Este libro non s\u00f3 se le: fica.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai libros que se len, e hai libros que acompa\u00f1an. Este foi compa\u00f1\u00eda antes mesmo de existir como obxecto, e durante os \u00faltimos catro meses converteuse nunha presenza constante, silenciosa e necesaria. Publicado por Libros del K.O., unha editorial madrile\u00f1a que asumiu o risco, e a responsabilidade, de publicalo na nosa lingua. Este libro \u00e9 moito m\u00e1is ca unha colecci\u00f3n de historias; \u00e9 un arquivo do pobo galego, dese pobo tantas veces invisible. Lin o libro de principio a fin,&#8230;<\/p>\n<p class=\"read-more\"><a class=\"btn btn-default\" href=\"https:\/\/bibibloomsfree.com\/index.php\/2026\/02\/09\/o-pais-invisible\/\"> Leer m\u00e1s<span class=\"screen-reader-text\">  Leer m\u00e1s<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-476","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-uncategorized"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/bibibloomsfree.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/476"}],"collection":[{"href":"https:\/\/bibibloomsfree.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/bibibloomsfree.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bibibloomsfree.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bibibloomsfree.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=476"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/bibibloomsfree.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/476\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":479,"href":"https:\/\/bibibloomsfree.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/476\/revisions\/479"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/bibibloomsfree.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=476"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/bibibloomsfree.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=476"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/bibibloomsfree.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=476"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}